Thursday 19 de September de 2024

Plantación de especies autóctonas Hábitat


Esta mañá a asociación Hábitat, xunto con Ecoherencia, organizaron unha xornada de plantación de especies autóctonas nunha parcela de propiedade municipal en Costa Miño.

Unhas 45 voluntarias e voluntarios de Randstaad (da empresa NTT) e da Fundación ADCOR plantaron 90 exemplares de bidueiros, carballos, castaños, sabugueiros, maceiras e cerdeiras para recuperar como bosque natural esta zona.

Dúas concelleiras foron darlles a benvida e trasladar o agradecemento pola súa labor en nome do pobo de Miño, destacando que esta acción é a continuación dunha plantación feita hai uns anos por Hábitat.